Didáctica

PROGRAMA EDUCATIVO SARAIEVO, GUERRA E PAZ

  • Visitas taller en centros escolares para os niveis de Primaria (2º e 3º Ciclo), ESO e Bacharelato
  • Visitas comentadas á exposición no Centro Ágora dirixidas a escolares e colectivos de adultos.

As actividades educativas gratuítas do programa RÁFAGAS, dirixido a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato, afonda  nos conceptos clave de educación para a paz e da resolución non violenta dos conflitos,  a través dun exemplo bélico como foi o cerco de Saraievo que nos amosan as fotos de Gervasio Sánchez, fotoxornalista especializado en conflitos armados.

Para aproveitar este recurso educativo, podedes escoller entre facer unha visita á exposición Saraievo, guerra e paz no Centro Ágora co voso alumnado, ou que un dos nosos educadores/as se achegue ata o voso centro de ensino.  Os contidos e as dinámicas de traballo adáptanse a cada nivel educativo. A metodoloxía das actividades é participativa. Empregando a exploración de imaxes, o diálogo, e dinámicas de grupo, achegarémonos aos seguintes contidos:

  • Vítimas anónimas ou personas? A empatía con quen sufre.
  • Pódese evitar a guerra? Que podo facer eu? A resolución de conflitos dende unha perspectiva personal: confianza, diálogo, cooperación.
  • O respecto á diversidade.

Estas son as actividades que vos propoñemos:

VISITA Á EXPOSICIÓN NO CENTRO ÁGORA

Saraievo, guerra e paz

Dirixida a escolares de 3º ciclo de Primaria, Secundaria, e Bacharelato

Duración: 1 hora

1 grupo aula por visita

ACTIVIDADES NOS CENTROS ESCOLARES (só para centros educativos da cidade de A Coruña)

 Para estudantes de 2º e 3º ciclo de Primaria:

Historias de Saraievo – Partindo dunha escolla de fotografías de Gervasio Sánchez proxectadas,  construiremos entre todos, as historias dos fotografados. Esas historias axudarannos a interiorizar temas como o respecto á diversidade, a empatía co que sufre, a xestión das emocións e o encauzamento da agresividade e a entender que aquí ou en Saraievo todos temos dereito a ser felices, a vivir en paz.

Duración: 1 h e ½

1 grupo aula por sesión

Para estudantes de Secundaria e Bacharelato:

Benvido ao inferno – Este é o título dunha das fotos de Gervasio Sánchez. A través do fotoxornalismo e do papel que desenvolven os medios de comunicación nos conflitos estableceremos paralelismos entre a destrución e a dor que causan as guerras. Debateremos sobre as súas causas e mesmo intentaremos pescudar que podemos facer nós para contribuír á construción da paz.

Duración: 1h aprox.

1 grupo aula por sesión

Necesidades técnicas para as actividades na aula: ordenador, pantalla e proxector e, se é posible, conexión a internet e altofalantes.

– As actividades educativas levaranse a cabo ata o comezo das vacacións de Nadal.

– Hai un número limitado de actividades. As reservas faranse a través de correo electrónico e serán aceptadas por rigoroso orde de chegada ata esgotar ese límite. Inicialmente establécese un máximo de 2 actividades reservadas por centro educativo.

–  Para formalizar a reserva é preciso remitir un correo electrónico a Crearte Servizos Culturais info@creartesc.es coa seguinte información:

Nome do docente:
Centro educativo:
Enderezo- electrónico:
Teléfono de contacto:
Nome da actividade que se solicita:
Nivel educativo do curso/s para os que fai a reserva:
Data é hora preferente da actividade (por favor indicade un par de datas que vos conveñan)Se facedes reserva para dous grupos para as actividades no centro educativo, estas deberán desenvolverse no mesmo día, unha a continuación da outra.
1ª data/hora de preferencia:
2ª data/hora de preferencia:

Crearte Servizos Culturais é a empresa encargada da xestión das reservas e da execución do proxecto educativo. Podedes chamar ao teléfono 881 91 30 55 se precisades información adicional.

Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: